Pro-postas


Conferencia: Os video-xogos como recurso para facer un mundo mellor
categorías: vídeo ensino charla videoxogo

Neste vídeo, Jane McGonigal, deseñadora de video-xogos, explica a súa experiencia e teoría de como os mesmos poden contribuir á educación, e polo tanto a mellorar o futuro deste mundo.












Categoría: 4- Novas - Publicado o 31-01-2012 20:51
# Ligazón permanente a este artigo
Sugata Mitra: como os nenos aprenden entre eles
Categorías: vídeo-charla

Duración: 20 minutos
Fonte: Carlos de Paz (Twitter) e o blogue "Planeta educativo" http://www.aulablog.com/planeta/

Esbozo do contido: No seguinte vídeo, o Dr. Sugata Mitra, da India, cóntanos sobre cómo diferentes experiencias didácticas na India, especialmente nalgúns dos seus emprazamentos máis empobrecidos, demostran que os nenos e nenas son capaces de aprender por si mesmos grazas a un equipo informático e unha conexión a Internet. Quere demostrar tamén que, pese ás diferenzas políticas, culturais e económicas das diferentes sociedades, o xeito de aprender non difire moito.

Pódese subtitular ao castelán ou ao portugués nos mandos xusto debaixo do vídeo.

Categoría: 4- Novas - Publicado o 14-09-2010 18:38
# Ligazón permanente a este artigo
Siteo.org actualiza a súa páxina.

Categorías: ensino - espazo web - recursos

É unha boa nova: o espazo Siteo.org ven de estrear unha nova versión da súa páxina web. Implementada coa última versión de Drupal intentará ofertar ao profesorado novas e recursos relacionados coas TIC e o ensino.

Destaca a sección de recursos, onde poderedes atopar numerosas referencias de espazos web, clasificados por niveis e/ou materias.

Detrás desta páxina está un grupo de profesionais entusiastas das TIC e do ensino do que me sinto honrado de participar.

Contacto: siteo@siteo.org
Agradecementos: A Xosé Luís, que o currou ben.



Categoría: 4- Novas - Publicado o 25-03-2010 19:39
# Ligazón permanente a este artigo
Alfabeto Musical (espectáculo multimedia)

Categorías: artística - musical - multimedia

Aínda que a maioría das pro-postas que fos fago desde este blog están directamente relacionadas cos recursos TIC para o uso directo por parte do profesorado non podo resistirme a facer outra excepción para que coñezades unha nova iniciativa de Pepe Sendón, o artista creador da obra "O Labirinto dos soños" que aparte do éxito que tivo entre os nenos e nenas do noso País é unha das poucas creacións multimedia en galego pensadas para presentar como espectáculo na escola.

A nova obra que nos presenta chámase "Alfabeto Musical". Na súa web oficial temos toda a información sobre os contidos e sobre as posibilidades que o espectáculo ten para presentalo nos centros educativos de educación infantil e primeiro ciclo de primaria.

Non deixedes de pasarvos por alí.

Na miña opinión é unha iniciativa moi enriquecedora para o noso traballo que permite ademais descubrir unha nova maneira de entender a creación artística pensada para nenos e nenas utilizando os recursos tecnolóxicos dos que hoxe disfrutamos. Demostra ademais que a Escola pode estar aberta á colaboración con outros profesionais para desenvolver propostas innovadoras cara a conquerir esa educación integral pola que traballamos.

Enderezo: http://psicofonica.com/alfamusica/info.html


Categoría: 4- Novas - Publicado o 09-03-2010 23:56
# Ligazón permanente a este artigo
III curso temático sobre educación infantil na Mariña.
Categorías: novas - eventos - Ed.Infantil

Onte, sábado 26 de setembro de 2009 foi un día especialmente interesante para a educación infantil deste país ao coincidir no tempo dous eventos importantes que congregaron a numerosas e numerosos especialistas desta etapa educativa. Por unha banda celebráronse en Santiago os "VII Encontros de Educación Infantil", mentras que en Ribadeo desenvolveuse o "III curso temático sobre educación infantil na Mariña".

Tiven o pracer de participar neste último, organizado polo IES Dionisio Gamallo Fierros, o Departamento de Servizos Socioculturais á Comunicade e a Concellaría de Muller, Educación e Cultura do Excmo. Concello de Ribadeo.

A temática que enmarcou esta xornada foi o tratamento que sobre a infancia fan os medios de comunicación social. Pero ademais houbo espazos para a reflexión sobre o modelo educativo que deben de ter as escolas infantís de 0 a 3 anos.

Durante o desenvolvemento da xornada quedou clara a preocupación e o interese das/os profesionais da etapa educativa, estudantes, formadores e profesionais da intervención sociocultural por mellorar día a día a súa labor.

Grazas á organización por permitirme ter participado.

No seguinte enlace podedes ver o tríptico do acto onde figura o programa de sesións.

Triptico


Categoría: 4- Novas - Publicado o 27-09-2009 22:45
# Ligazón permanente a este artigo
1500 horas. Un documental de Mariano Casas
O artista e profesor de secundaria no CPI Fonte-Diaz de Touro "Mariano Casas" presenta este interesantísimo documental.

Coarenta minutos de reportaxe amena, non só pola narración agradable para o espectador que Mariano fai mixturando imaxes da vida cotidiá no centro educativo coa intervención de diferentes protagonistas (profesorado, nais, ex-alumnos e ex-alumnas) senón tamén pola excelente realización do traballo.

Recomendo o seu visionado a todos e todas os que teñamos interese por reflexionar sobre o ensino e á súa realidade como por quen quera acercarse un pouco máis a este mundo do que todos opinamos pero non sempre coñecemos.






Categoría: 4- Novas - Publicado o 22-06-2009 18:40
# Ligazón permanente a este artigo
SPOTIFY: toda a música para escoitar en liña.
Categoría: novas na rede

Se fai tempo vos propoñía un espazo web onde poder escoitar e baixar música baixo licenza Creative Commons "jamendo" hoxe traigovos unha nova interesante: trátase de SPOTIFY, unha nova proposta para "legalizar" o tráfico de música na rede. Aquí pódese escoitar (non baixar) música de xeito gratuíto sen perxudicar os dereitos de autor xa que os seus creadores encárganse de cotizar por música escoitada. Os ingresos para elo fanse a través de publicidade (cada certo número de cancións escoitase algún anuncio, breve e pouco molesto). Tamén hai opcións de pago para poder reproducir música en locais públicos e outras opcións.

Para poder funcionar precísase instalar un programa e rexistrarse no espazo, pero de momento só se consigue a través de invitación. Hai númerosas páxinas que as ofrecen (buscar en google). Tamén se pode inscribir na lista de solicitudes de invitación na páxina oficial de Spotify.

Podedes ler este artigo do "Ciberpaís".

Páxina oficial: http://www.spotify.com/en/



Categoría: 4- Novas - Publicado o 11-03-2009 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
Blog sobre ferramentas web 2.0 de Pedro Cuesta

O profesor da Universidade de Vigo, Pedro Cuesta, ven de participar nunhas xornadas de EDUCARED, organizadas en Santiago pola Consellería de Educación. Nas mesmas dou a coñecer varias ferramentas web 2.0, pero ademais presentou materiais en rede feitos por el. Déixovos a referencia do seu Blog no que da conta das novidades que van saíndo. Ademais no enderezo http://www.slideshare.net/pedrocuesta podemos mirar algunhas presentacións referidas tamén á web 2.0.

Blog de Pedro Cuesta



Categoría: 4- Novas - Publicado o 05-12-2008 12:40
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]

GALEGO, PATRIMONIO DA HUMANIDADE
 MENÚ
 ANTERIORES
 Orde cronolóxica de entradas
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal