Pro-postas


Revista: Educación 3.0
Categorías: revista - novas - TIC

Unha revista "online" (versión reducida) e en papel (ver. completa) sobre as TIC e o ensino. Con propostas de recursos para a maioría sos S.O. pero fundamentalmente baseada na web 2.0

Defínese como a "revista para as aulas do século XXI".

http://www.educaciontrespuntocero.com/
Categoría: 6- Lecturas - Publicado o 17-01-2015 20:14
# Ligazón permanente a este artigo
O blog de Jordi Adell
Categorías: lectura - TIC - ensino

Confésome un lector e seguidor de Jordi Adell. Supoño que a maioría xa o coñecedes, senón é así non tedes máis que poñer o seu nome en calquera buscador de internet e teredes centos de referencias.

O sigo dende que os compañeiros do CFR de Ferrol me deron a oportunidade de coñecelo, fai xa varios anos, e en cada parágrafo dos seus textos, en cada frase das súas exposicións síntome plenamente identificado co seu pensamento.

Cando a depre causada pola dificultade de tirar cara adiante nisto de que as TIC vaian callando na escola me presiona busco refuxio no seu blog ou nos seus vídeos estendidos pola internet. E sempre saio reforzado.

Teño feito xa algunha referencia a el neste blog, pero aproveitando a publicación dunha interesante reflexión sobre o "Primeiro análise da Escola 2.0" quero propoñervos que vos pasedes polo seu. Non ten desperdicio.

Enderezo: http://elbonia.cent.uji.es/jordi/

Agradecementos: a Jordi Adell

Categoría: 6- Lecturas - Publicado o 08-10-2010 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
As infografías como recurso didáctico
Categorías: artigos - recursos

Preséntovos un interesantísimo artigo sobre a utilización das infografías nas aulas.
O máis destacable, ademais da proposta e análise didáctico, é a ampla información sobre como conseguir infografías en internet e onde atopar ferramentas para crealas.
Non o perdades.

E xa postos/as mirade outros artigos da autora, Rosana Larraz



Enderezo artigo: http://www.cuadernointercultural.com/infografias-recurso-didactico/


Fonte: "Educacontic" (a través do Twitter)




Categoría: 6- Lecturas - Publicado o 20-07-2010 13:22
# Ligazón permanente a este artigo
Hacia a escola 2.0
Categorías: lecturas - web 2.0

Título: "Hacia la escuela 2.0. Proyectos con programas gratuítos para formar ciudadanos de la sociedad del conocimiento"

Autor: José Antonio Millán

Editorial: SM

Un libro para ler na nube, que desgrana as posibilidades do traballo con proxectos no ensino utilizando programas gratuítos.

Fácil de ler, unha guía de posibilidades sintetizadas en 71 páxinas, coas ventaxas da tecnoloxía flash, que permite ampliar ou reducir o tamaño do texto.

Moi recomendable para todo o profesorado.

Ver o libro

Fonte: Xoanca (dende o Facebook)





Categoría: 6- Lecturas - Publicado o 22-03-2010 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
Reinventando a aprendizaxe por proxectos
Categorías: bibliografía

"Reinventando a aprendizaxe por proxectos"
(Reinventing Project-Based Learning). Este libro (en inglés) ofrece aos educadores unha guía de apoio para maximizar os beneficios educativos da Aprendizaxe por Proxectos (ApP) nos ambientes enriquecidos con Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) e indica o xeito de utilizar efectivamente ferramentas da Web 2.0, para conseguilo.

Nas páxinas de Eduteka podemos atopar a última versión do apéndice A do libro, en castelán. No mesmo descríbense cada unha das funcións esenciais para apoiar a aprendizaxe que ofrecen as ferramentas dixitais, Internet e a Web 2.0, acompañadas dun listado das ferramentas que apoian cada función.

Moi interesante.

Enderezo: http://www.eduteka.org/AprendizajeHerramientasDigitales.php

Fonte: Xoanca a través do Twitter.





Categoría: 6- Lecturas - Publicado o 03-03-2010 16:22
# Ligazón permanente a este artigo
Caperucita 2.0

Xa que se achega o Nadal e temos máis tempo para o lecer, propóñovos un conto que me parece moi inxenioso e divertido, nin máis nin menos que "Caperucita 2.0", unha historia case real no tantas veces liado mundo das TIC.

Pode dar xogo para ler na aula, non?.

Autor: Juanjo Muñoz Lorencio. Profesor de Filosofía.
Blog do autor: http://elblogdejuanjo.wordpress.com/
fotografía: Del Flickr de guatman, bajo licencia Creative Commons

Grazas a Xoanca por pasarme o enlace.

Enderezo: http://elblogdejuanjo.wordpress.com/2009/10/23/caperucita-2-0/





Categoría: 6- Lecturas - Publicado o 10-12-2009 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
O profesorado ante a integración educativa das TIC
Categorías: formación do profesorado - aula - tic


Na miña búsqueda de materiais para a reflexión sobre o papel do profesorado e as tecnoloxías da información e a comunicación atopei este artigo interesantísimo que aporta moitos elementos para que cada quen vaia configurando o seu perfil dentro do marco das TIC e o ensino.

Podémolo atopar no espazo que a revista "Quaderns Digitals" ten na Rede. Como sabedes esta é unha veterana publicación adicada as TIC educativas.


Autora:
· Dra. Monsalud Gallardo Gil.Facultad de Ciencias de la Educación.Universidad de Málaga (España).

Enlace ao Artigo





Categoría: 6- Lecturas - Publicado o 11-09-2009 17:16
# Ligazón permanente a este artigo
Escola 2.0
A raiz da implantación anunciada polo Goberno do Estado do Plan Escola 2.0 polo que se dotará aos alumnos e alumnas dende 5º de educación primaria a 2º da ESO de ordenadores portátiles, así como encerados dixitais e conexións a internet para as aulas, complementado coa formación do profesorado (?), están xurdindo moitas dúbidas e interrogantes entre o profesorado e as familias.

Para ir iniciandose no tema e poder participar no necesario debate que se ten que producir propóñovos algúns artigos e enderezos onde podedes ter información e onde podedes ver algunhas opinións que a medida está a suscitar.

· Información do Goberno.
· Web "Moscas en la sopa".
· Artigo no País.
· Artigo en Público.
· Blog "Innovación educativa".


Categoría: 6- Lecturas - Publicado o 04-09-2009 18:33
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]

GALEGO, PATRIMONIO DA HUMANIDADE
 MENÚ
 ANTERIORES
 Orde cronolóxica de entradas
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal