Pro-postas


Androides na aula

Categorías: espazo web - blog - TIC - ensino - Android

Nas últimas entradas deixamos algunhas referencias a aplicacións para o S.O. Androide moi útiles para o profesorado, pero se queres estar ao día deixate guiar polo compañeiro Felo Couto a través do seu blog e non precisarás darlle máis voltas ao buscador de Google.

Como complemento poderás instalar no teu dispositivo unha aplicación do mesmo autor na que ademais das novas do seu blog poderás ler outras moitas relacionadas co mundo Androide, tanto no referente a aplicacións como a aparellos (móbiles, tabletas...).

Blog: Androides na aula
Aplicación


Categoría: 5- Espazos web - Publicado o 17-01-2014 17:50
# Ligazón permanente a este artigo
Mapas mudos de todo o mundo con d-maps
Categorías: sociais - ensino - gráficos

No espazo desta pro-posta podemos atopar mapas mudos de todo o mundo, tanto físicos como políticos.

Para atopar o de Galicia teremos que seleccionar Europa e logo España. Na carpeta desta atoparemos os mapas de todas as CCAA.

Para exportar o mapa escollido ofrécenos varias posibilidades de formato: pdf, gif, cdr, svg, ai e wmf.

Unha páxina imprescindible nos favoritos de calquera titor/a de primaria ou do profesorado de secundaria de ciencias sociais.

Enderezo:http://d-maps.com/

Fonte: Xoanca. No curso de "elaboración de materiais para as ciencias sociais" (CFR de Santiago)


Categoría: 5- Espazos web - Publicado o 25-04-2011 17:26
# Ligazón permanente a este artigo
As TIC e a rede ao servizo da plástica

Categorías: plástica, ensino, TIC

Preséntovos un espazo moi interesante onde as tecnoloxías dixitais, e as posibilidades da web 2.0 póñense ao servizo doutras áreas do coñecemento e a expresión.

Concretamente no CPI Fonte-Diaz de Touro poñen á vosa disposición este espazo onde, como eles mesmos din no seu blog, "atoparás, entre outras cousas, diferentes disciplinas artísticas ou visuais, e dentro delas, poderás ver CÓMO O FIXERON OS ARTISTAS, e por outra banda CÓMO O FIXERON OS ALUMNOS/AS. Verás que a plástica e a comunicación visual non son cousas só para entendidos, son linguaxes que todos PODEMOS e debemos falar, linguaxes sen fronteiras."

Enderezo: http://www.touroplastika.blogspot.com/

Fonte: Mariano Casas (profesor de plástica do CPI Fonte-Diaz)


Categoría: 5- Espazos web - Publicado o 15-03-2011 12:14
# Ligazón permanente a este artigo
Taller de LIM
Categorías: ferramentas de autor

Logo dun tempo de sequía na aportación de pro-postas, a causa fundamentalmente da sobredosis de "Abalar" quero deixarvos hoxe unha suxestión de autoformación coa ferramenta LIM.

Como xa sabedes LIM é unha ferramenta para a creación de actividades educativas en soporte web, gratuíta e feita en Galicia, e cunha gran demanda formativa por parte do profesorado.

Pois ben, no espazo "El Tinglado" ofrécennos un taller en 10 fases (en vídeo con voz en off. En castelán) para facernos co seu manexo. Unha moi útil axuda para todos e todas os/as que estades interesados en ir aprendendo a crear as vosas propias actividades TIC de apoio na aula.

Enderezo do taller: http://www.tinglado.net/?id=taller-lim

Autor: Javier Escajedo
Fonte: Xoanca


Categoría: 5- Espazos web - Publicado o 02-12-2010 16:26
# Ligazón permanente a este artigo
Letras Galegas: Uxío Novoneyra
Como xa é costume neste blog, cando se aproxima a data da celebración das Letras Galegas, deixamos unha serie de páxinas propostas con materiais para traballar nas aulas. Hai moitas, pero a miña escolma é esta:

- www.diadasletrasgalegas.com
- www.seminariogalan.org
- Real Academia Galega.


Ademais, os compañeiros e compañeiras do CPI dos Dices (Rois)e do CPI San Vicente (A Baña), veñen de presentar o novo traballo en vídeo para conmemorar o 17 de maio, adicado este ano a Uxío Novoneyra.

Como queira que a duración do vídeo excede os 10 minutos máximos que permite o espazo Youtube está disposto en dúas partes. Aquí vos quedan, para o voso disfrute e para pasarllo ao voso alumnado.








Grazas a Luís Gómez Aldegunde polo seu traballo e por pasarme os vídeos.

Canal de Youtube do CPI dos Dices.


Categoría: 5- Espazos web - Publicado o 19-04-2010 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
blog de tecnoloxía educativa

Categorías: tecnoloxía - secundaria

A compañeira María Loureiro, profesora de tecnoloxía en secundaria e bacherelato, ten un blog interesantísimo para o traballo coa tecnoloxía.

Ten recoñecementos importantes, como o premio a recursos educativos para a sociedade da información, no ano 2007,da Consellería de Educación.

Ademais ten un espazo de consulta cos alumnos e alumnas na rede:
http://formspring.me/tecnoloxia

Seguramente estos espazos web son de utilidade para o profesorado de tecnoloxía, pero tamén poden servir como referencia e ideas de enfoque e tratamento edutativo coas TIC.

Blog: www.tecnoloxia.org

Fonte: Xoanca


Categoría: 5- Espazos web - Publicado o 10-03-2010 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
Departamento de orientación

Categorías: Blog - espazo web

Este blog que vos propoñemos é un banco de recursos co que se pretende proporcionar unha serie de materiais libres e totalmente accesibles para todos os membros da comunidade educativa dende o punto de vista da orientación.

Este espazo web foi creado por Ginés Ciudad-Real Núñez e Maribel Martínez Camacho ambos profesores dos colexios "Virgen de la cabeza" e "La Salle" respectivamente na ciudade de Andújar

Moi recomendable para todo o profesorado pero especialmente para os departamentos de orientación.

Enderezo: http://orientacionandujar.wordpress.com/

Fonte: Educared (a través de Twitter)


Categoría: 5- Espazos web - Publicado o 03-03-2010 16:54
# Ligazón permanente a este artigo
CDlibre. Un espazo para buscar aplicacións libres
Categorías: espazo web - software libre

Se fai un mes facía unha proposta dun espazo no que se podía atopar un "kit" de aplicacións libres para windows, nesta ocasión o espazo que descubrín é realmente un catálogo, no que podemos buscar e logo baixar programas libres, de xeito individual. Ademais podemos suscribirnos ao boletín semanal para estar ao tanto de todas as novidades, e incluso descargar imaxes de CD/DVD con recopilacións de programas.

Todo un luxo. Non podemos esquencer este enlace dos nosos favoritos.

Enderezo: http://www.cdlibre.org



Categoría: 5- Espazos web - Publicado o 14-01-2010 13:15
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]

GALEGO, PATRIMONIO DA HUMANIDADE
 MENÚ
 ANTERIORES
 Orde cronolóxica de entradas
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal