Pro-postas


Adobe Flash Player para Android
Categorías: ferramentas - utilidades

Unha das pegas que tiña o sistema operativo Android era que os navegadores non admitían o "plugin" de Adobe para que funcionara o flash. Isto supoñía a imposibilidade de reproducir nos mesmos aquelas aplicacións desenvoltas con esa tecnoloxía.

Pois ben, xa é posible visualizar o flash en Android. Adobe ven de proporcionar unha versión para este S.O.

No enlace temos acceso á descarga e as instrucións para a súa instalación.

De momento non se pode atopar en Google Play.

Descarga e instrucións.

















Categoría: 2- Utilidades - Publicado o 13-01-2014 16:24
# Ligazón permanente a este artigo
Page Saver. Para capturar imaxes de páxinas web


Categorías: imaxe - web - utilidades

Page Saver é unha utilidade para resolver algúns inconvintes cando temos que capturar unha ou varias imaxes que sobrepasan o que se ve na pantalla dos nosos equipos.

Como ben sabedes dende o teclado podemos facer unha captura de pantalla, pero só afecta ao que o noso monitor é capaz de mostrar. Pero moitas veces a cantidade de espazo, imaxes e contidos que queremos capturar van máis alá.

Pois o tema está resolto con esta aplicación para Mozilla Firefox. Instalada no noso navegador permítenos decidir ata onde queremos capturar.

Garda en JPG ou PNG, e permítenos configurar a calidade da captura.

Enderezo: http://pearlcrescent.com/products/pagesaver/



Categoría: 2- Utilidades - Publicado o 24-11-2012 16:24
# Ligazón permanente a este artigo
Avast. Un bo antivirus gratuíto.
Categorías: aplicacións, utilidades, antivirus



Recibín varias consultas sobre cal sería o mellor antivirus gratuíto. A verdade é que non podo responder exactamente a esa pregunta pois eu non os probei todos, pero o que si podo asegurar é que este vai moi ben. O digo eu que traballo con el, e o din revistas expertas no sector, como PCActual.

Trátase de Avast antivirus. Consume moi poucos recursos, a base de datos actualízase con moita frecuencia e ofrece unha gama ampla de protección. Temos versión para Windows e para Linux.


Enderezo: http://www.avast.com/es-ww/index




Categoría: 2- Utilidades - Publicado o 15-03-2011 12:41
# Ligazón permanente a este artigo
DriverMax. Copias de seguridade dos controladores.
Categorías: utilidade - backup - drivers

Un dos grandes problemas de reinstalar un sistema operativo é ter todos os controladores (drivers) do equipo localizados para a súa recuperación. E sobre todo cando temos que facer o mesmo en varios equipos, cousa moi habitual nos centros educativos.

Pois ben, hoxe vos fago unha pro-posta moi interesante. Trátase do programa "DriverMax".
Instálase no equipo, facemos unha copia de seguridade dos drivers directamente a unha unidade externa calquera, e logo, unha vez formateado o disco e instalado de novo o sistema operativo, volvemos a instalar o programa para que nos recupere todo da copia de seguridade.

Nota: A copia de seguridade faise en cousa de dous ou tres minutos, a recuperación é algo máis lenta pero compensa pois deixamos o equipo traballando e nos esquencemos dos problemas que implica non atopar os drivers de algún compoñente.

Enderezo para baixar o programa:
http://small.drivermax.com/soft/dmx/drivermax.exe


Categoría: 2- Utilidades - Publicado o 30-12-2009 12:40
# Ligazón permanente a este artigo
Retoque fotográfico en web


Categorías: tratamento básico da fotografía dende internet

En algún centro andan mirando por unha aplicación sinxela que permita o tratamento máis elemental da imaxe. Pois ben, "Picnik" é unha aplicación en web que reune esas cualidades ademais de ser bastante rápida e de ofrecer algúns recursos realmente atractivos para os rapaces e as rapazas.

Non é preciso rexistrarse aínda que o permite (no caso de non facelo temos que gardar os cambios no equipo pois unha vez que saiamos da páxina perderemos o traballo. Estando rexistrados podemos almacenar na web e recuperar noutro momento).

Enderezo: http://www.picnik.com/


Categoría: 2- Utilidades - Publicado o 22-10-2009 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
Texto a voz sobre web
Categorías: utilidades - son

VOZME

No proceso de aprendizaxe da lectura e da escritura hai momentos nos que a persoa precisa de certa autonomía para investigar e xogar cos códigos, cos sons e coas palabras. Hoxe por hoxe hai varias ferramentas dixitais que nos permiten mellorar este proceso, como por exemplo esta que vos propoño nesta nova e que permite converter calquera texto que escribamos en voz. Así os nenos e nenas poden comprobar por sé mesmos o son dos textos que estean creando.

Esta ferramenta funciona directamente dende web.

Podemos escoller entre voz masculina ou feminina, e tamén o idioma. De momento non hai galego, pero podemos probar coa entoación castelán e/ou a portuguesa.

O son créase case instantaneamente, se o texto non é moi longo, e logo permítenos gravalo no noso equipo en formato mp3.

Enderezo: http://vozme.com


Categoría: 2- Utilidades - Publicado o 15-07-2009 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
Impresora virtual PDF
Categorías: utilidades - formatos

Para todos e todas os/as que preferimos utilizar alternativas libres das aplicacións que precisamos propóñovos desta volta utilizar unha impresora virtual para crear os nosos documentos pdf.

Esta aplicación ofrécenos esa posibilidade totalmente gratis. Só tes que instalar o programa e cando teñas que convertir un documento a pdf simplemente envío á impresora pero escolle a PrimoPDF como se fose unha de verdade. O que fai o programa é enviar o documento a un arquivo en pdf no lugar que lle indiquemos en vez de imprimilo en papel.

Moi útil nas aulas nas que non dispoñemos de impresoras e queremos recopilar fielmente os traballos do noso alumnado. Logo poderemos imprimir en calquera outra impresora do centro.

Enderezo: http://www.primopdf.com/


Categoría: 2- Utilidades - Publicado o 23-04-2009 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
Xerador de gráficos na rede

Categorías: utilidades - gráficos web

Cool Text

Esta páxina permítenos crear en directo e en moi poucos segundos un gráfico de texto (tipo logo) ou un botón para a nosa páxina, blog ou calquera material que configuremos sobre htm.

Ten tamén moitos tipos de letra cos que traballa nas súas propostas que podemos baixar para o noso equipo.

O logo desta pro-posta está feito con Cool Text.

http://es.cooltext.com/


Categoría: 2- Utilidades - Publicado o 08-04-2008 18:56
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]

GALEGO, PATRIMONIO DA HUMANIDADE
 MENÚ
 ANTERIORES
 Orde cronolóxica de entradas
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal