Pro-postas


Symbaloo de banco de imaxes
Categorías: web 2.0 - imaxe - educación - cc

Este escritorio desenvolto en "Symbaloo" por Rosa Panos Sanchis, propón 51 espazos onde atopar imaxes libres, para utilizar nos proxectos educativos respetando as licenzas dos autores/as. Facilítanos fundamentalmente atopar imaxes con licenza Creative Commons.

http://www.symbaloo.com/mix/bancosdeimagenescc

Categoría: 9- Web2.0 - Publicado o 17-01-2015 19:50
# Ligazón permanente a este artigo
O corpo humano en 3D: Zygote 3D Body

Categorías: ciencias - 3D - coñecemento do medio

Se traballades con encerado dixital ou tedes proxector de vídeo con un equipo conectado a internet esta aplicación web será de gran utilidade para o estudio do corpo humano.

Imaxes en 3 dimensións, con movementos xiratorios e zoom de alta calidade na imaxe, que permite sobrepoñer e eliminar capas dos distintos elementos que compoñen o corpo: músculos, ósos, e os distintos sistemas...

Existe versión para dispositivos móbiles.

Espectacular!!!

Zygote 3D Body



Categoría: 9- Web2.0 - Publicado o 17-01-2014 18:51
# Ligazón permanente a este artigo
Video titoriais en liña con Screenr




Categorías: formación - titoriais - TIC

A ferramenta Sreenr, ademais de funcionar en liña, directamente dende a web, é rápida e moi intuitiva.
Non precisa rexistro se temos conta en Twitter, Gmail, Facebook e outras redes sociais, permitíndonos crear un espazo persoal para almacenar os nosos traballos.

Básicamente é unha ferramenta de gravación de vídeo e audio sobre tarefas desenvolvidas no ordenador para gardar como video titoriais e poder difundir, aos nosos alumnos e alumnas ou ao profesorado para comprender e aprender procesos concretos de traballo coas TIC.

O resultado pode ser enlazado ou insertado con código embed.

www.screenr.com



Categoría: 9- Web2.0 - Publicado o 04-11-2012 23:49
# Ligazón permanente a este artigo
Debuxos e grafitis
Categorías: arte debuxo grafiti expresión

Hoxe vos presento un material moi interesante deste grandioso soporte que é a web 2.0.

Trátase dun espazo para crear debuxos e grafitis, sen rexistro nen condicións. Só hai que ser creativos e ter algo que comunicar.

Permite compartir o material creado nas redes sociais e gardalo como imaxe no propio equipo.

Simplemente nos ofrece un espazo en branco e as ferramentas para pintar.

Enderezo: http://doodle.ly/























Categoría: 9- Web2.0 - Publicado o 13-01-2012 17:02
# Ligazón permanente a este artigo
Máis sobre cómic
Categorías: cómic

Outro espazo, diferente do anterior, porque propón máis ferramentas e ao mesmo tempo é máis vistoso. Permite crear personaxes e cambiarlles a expresión. Tamén permite reutilizar fondos e viñetas dun cadro cara outro, e incluso incorporar imaxes propias.

Como dificultade: hai que rexistrarse, pero a ventaxa é que podemos utilizar un correo electrónico falso, o que nos permite rexistrar aos nosos alumnos sen ter un correo real.

Destacar a posibilidade de crear libros interactivos coas viñetas.

Enderezo: http://www.toondoo.com/

















Categoría: 9- Web2.0 - Publicado o 13-01-2012 16:49
# Ligazón permanente a este artigo
Exploradores sonoros. Aventura e son para os pequenos
Categorías: música - web 2.0 - son

Espazo web2.0 que permite que os/as pequenos (ed.infantil e primeiro ciclo de primaria) poidan traballar o oído e educalo para diferenciar os sons da vida cotiá e tamén os instrumentos musicais.

Ao estar integrado na web non precisamos instalar nada, só dependemos da conexión a internet.

Enderezo: http://www.conaculta.gob.mx/multimedia/Exploradores/index2.html






Categoría: 9- Web2.0 - Publicado o 04-07-2011 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
Pixlr: editor de imaxes fixas en liña.
Categorías: imaxe fixa - edición - retoque fotográfico

Hai cousa dun mes vos presentei un programa de tratamento de imaxe "en liña" denominado Sumo Paint. Ata o de agora era o meu favorito para traballar no retoque fotográfico e na elaboración de composicións de imaxe cando non podía traballar en modo local no meu equipo. Pero o meu colega e amigo Xoanca ensinoume este que vos quero presentar hoxe e que realmente, logo de probalo, paréceme mellor.
Chámase Pixlr, e ten a ventaxa de poder poñer os menús e ferramentas en castelán ou portugués (indo ao menú "language" e escollendo o que prefiramos), é algo máis intuitivo e algo máis áxil no traballo.
En todo caso probádeo e xa me diredes.

Enderezo: http://pixlr.com/editor/


Categoría: 9- Web2.0 - Publicado o 25-04-2011 18:56
# Ligazón permanente a este artigo
AudioPal: reproductor de mensaxes sonoras
Reproductor:













Preme no botón do reproductor para escoitar a mensaxe.


Enderezo: http://www.audiopal.com/

Imaxe do editor de texto:





Categoría: 9- Web2.0 - Publicado o 25-04-2011 18:08
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]

GALEGO, PATRIMONIO DA HUMANIDADE
 MENÚ
 ANTERIORES
 Orde cronolóxica de entradas
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal