|
|
|
|
| a randeeira, o retorno do paspán |
|
Amiguiños que aínda de cando en vez pasades por este o que foi o meu fogar durante un ano, agora logo deste período de ivernación volvo aquí:
http://www.arandeeira.eu/Arandeeira.html
que empezeces o ano número nove con bon pé |
|
|
|
|
| DESPEDIDA |
|
E un tópico pero é certo: as despedidas sempre son tristes.
Pero todo neste mundo ten un principio e unha fin. E a fin de A Randeeira chegou.
Penseino moito no transcurso da pasada semana e cheguei a conclusión de cada vez me resulta máis complexo compatibilizar a miña vida de ser vivo corrente coa de alieníxena cibernético. Puxen moita ilusión cando, case obrigado polo meu fillo maior e por un grande amigo e compañeiro de penurias varias, me embarquei neste proxecto sen ningunha transcendencia pero moi reconfortante a nivel persoal. Ó longo deste case ano fixen moitos amigos (que pretendo conservar) e tamén algún inimigo mais o saldo considéroo como moi satisfactorio neste efímero paso pola rede.
Moitas grazas a todos e todas.
Ata pronto. Seguirei atento ó blogomillo. Á vosa disposición queda para o que precisedes (menos para pedir cartos) o meu enderezo electrónico: arandeeira@yahoo.es
|
|
|
|
|
| ATAQUE PREVENTIVO |
|
A perseveranza amosada por Bush, na súa incesante cruzada contra as armas de destrución masiva, viuse recompensada logo de atopar outro país potencialmente perigoso e cunha actitude moi belixerante que xustifica un ataque preventivo en beneficio da paz.
|
|
|
|
|
| A SAGA DE AZNAR |
|

"Redención en los días en los que Valera aún no ha sido construido y la Armada Sideral no ha alcanzado aún su futuro poderio. La colonia de Redención, bajo el mando de Aznar, es todavía muy débil. Del espacio profundo surgirá una terrible amenaza y un puñado de valientes astronautas de la Armada Sideral parte a su encuentro."
Saga de los Aznar, Armada Redentora.
Aznar é un heroe cósmico.
É o que din por aquí.
Secuestrado nesta páxina.
|
|
|
|
|
| EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA |
|

De Chick Publications, a editorial ianqui que achega ós cativos a verdade verdadeira en xeito de cómic, xa teño falado en varias ocasións. Agora están outra vez de actualidade pola publicación e distribución en España do álbum ¿Hombres de Paz?. Trátase dun traballo serio e contrastado, propio de mentes enfermas ou faltas de medicación, co que se pretende demostrar que Mahoma foi un asasino sanguinario, un ladrón, un violador, un torturador e algunha cousa máis. Nada que ver cos heroes da Biblia.
O tebeo ponse á venda por 25 céntimos. Un adianto premendo aquí.
|
|
|
|
|
| PASARON 2000 ANOS |
|
Hai xente polo mundo que pon todo o seu empeño vital en demostrar que o Novo Testamento é algo máis que unha fantasía. Tiveron que pasar 2000 anos para que outro home fose capaz de realizar esta proeza.
|
|
|
|
|
| INDEPENDENCIA |
|

As palabras non son armas que as carga o demo. Son algúns bípedes, de escasa catadura moral e pouco sentido da responsabilidade, os que se ocupan de adulterar o seu significado para transmitir á sociedade unha interpretación enfermiza das mesmas.
Está a acontecer coa campaña posta en marcha por Vicepresidencia co lema Independencia para presentar ós cidadáns a (aínda que escasa) Lei de Promoción da Autonomía Persoal e Atención a Persoas en Situación de Dependencia e as súas Familias.
Algúns, intentando manipular, ven na campaña un intento subliminar de incitación á autodeterminación do país. Son uns ignorantes que descoñecen que Independencia (chámalle autonomía persoal) é o substantivo que mellor define o obxectivo de moitas persoas e familias que se ven obrigados a loitar contra unha sociedade que é remisa a aceptar a diferenza como unha valor.
Polo que a min corresponde, como pai dunha persoa con dependencia, dou a benvida a esta campaña propia dun país normal.
|
|
|
|
|
| CUBAN LIBERTY |
|

"Today Spain is a vulture feeding off the dead carcass of a broken nation."
Revolvendo por internet atópanse campañas para todos os gustos. Algunha máis atinada ca outras.
Bloggers United for Cuban Liberty, un grupo de cubanos no exilio, ven de presentar esta curiosa iniciativa coa que pretenden denunciar o malvado apoio do goberno español ó réxime de Castro así como a situación de acoso colonial que sufre Cuba coa presencia das empresas hispanas.
En fin, quedo sen argumentos logo de visitar bloggersforcubanliberty.blogspot.com |
|
|
|
|
| RIOJA AZNAR |
|
A adicción ó viño de Aznar vai dar ata para facer unha telenovela. No blog Todos Mienten Menos Yo recuperan este vídeo da época do goberno Aznar.
|
|
|
|
|
| JOVENS VIOLENTS |
|
A raíz dos derradeiros episodios de violencia na rúa que están a acontecer en diversas cidades, recupero este vídeo emitido por TV3 fai poucos días co título "Jovens Violents", no que analizan a actitude cara a sociedade dun grupo de adolescentes cataláns.
|
|
|
|
|
|
|
|