| A miña debilidade é a miña fortaleza |
|
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro. |
|

|
| O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| V - PAÍS DE MARABILLAS |
|

Albergaría para min é o teu refuxio,
doce fogar, prácido sono,
arroubo celestial das nosas almas,
nun amencer de aromas infinitos.
A ribeira sábeme a viaxe
de namorado pole entre flores,
sutil mensaxe de amor correspondido
coa esencia de caricia eterna.
Ese xardín sábeme a ledicia,
doce canción que soa nun oasis,
unión feliz de augas xemelgas
naquel regueiro
que leva as nosas vidas
cara o mar da eternidade.
Foto: Xulio López
Concha L. F.
|
|
|
|
|
| IX - MARGARIDA |
|

Houbo un tempo
no que esfollaba margaridas
á sombra da parra,
mentres voaban os soños
cara o poñente,
arrastrados pola airexa
quente do verán.
Houbo un tempo
no que uns dedos dilixentes
debuxaban natureza sen descanso
no inmaculado lenzo da mañá
e recollían o orballo das herbas
para refrescar a pel arroibada
pola calor
daquel amor primeiro.
Houbo un tempo,
si,
no que era libre.
Mais pechou a liberdade
as súas portas
cando prendín
a miña sombra nos cabelos
do vento.
Agora que quero querer libre,
libremente,
non atopo a chave
que abre o cadeado
e o meu corpo vaga espido,
fitando a inocencia
que esfollaba margaridas
á sombra da parra.
Concha L. F.
|
|
|
|
|
|
|