allarlibros



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Zara y el librero de Bagdad
Es mentira que los muertos mueran cuando mueren. A veces les alarga la vida el amor?, (pág. 15). Así comienza Zara y el librero de Bagdad con estas rotundas y sentidas palabras anunciando una historia sorprendente y ambiciosa de múltiples aristas y matices. Fernando Marías, autor de novelas como La luz prodigiosa, El niño de los coroneles o Cielo abajo, ganadora de Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil, pone esta vez al lector frente a un relato en primera persona que le obligará a pensar y a reflexionar sobre temas como la impotencia ante la guerra y el exilio, la amistad desinteresada o el pode y la fuerza del amor.
La novela recuerda y compara con destreza pinceladas de dos conflictos bélicos con sesenta años de diferencia, la Guerra Civil española y la Guerra de Irak. Dos bombas cambian la vida de dos niños inocentes atrapados en estas dos guerras. Solo la decisión humana puede cambiar el destino. El autor reflexiona sobre la actitud del ser humano cuando se encuentra con una encrucijada vital como una guerra o una tragedia: Vivir la vida de puntillas y esconder la cabeza o apostar por la fuerza del amor y tender la mano solidaria ante los que sufren puerta con puerta, ante el que no tiene un techo donde dormir, ante el que necesita solo compañía y conversación.
video Bagdad
Los años vividos
Arte y compromiso
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-11-2010 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
A praia dos afogados

Domingo Villar volve introducir o lector nunha intriga sen acougo. Unha pescuda policial que, en A praia dos afogados, título desta segunda novela protagonizada polo inspector Leo Caldas, tamén é unha esculca na memoria e nas ilusións fanadas.
A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime entre homes e mulleres que recean de desvelar as súas sospeitas e que, cando deciden falar, apuntan nunha dirección insólita de máis. Un caso difícil para Caldas, que pasa malos momentos: o único irmán do seu pai está enfermo de gravidade e a súa colaboración no programa radiofónico de Onda Vigo estase volvendo cada vez máis inaturable. Tampouco non facilita as cousas o carácter arroutado de Rafael Estévez, o seu axudante aragonés, que non se dá adaptado á retranca e os sobreentendidos dos galegos.
Domingo Villar (Vigo, 1971) vive en Madrid, onde traballou como guionista de cinema e televisión. Coa súa primeira novela, Ollos de Auga (2006, 6ª edición no 2009), obtivo o Premio Frei Martín Sarmiento (concedido por alumnos e alumnas lectores de toda Galicia) e, coa súa tradución para o castelán (Editorial Siruela), os premios Sintagma e Brigada 21. Tamén foi finalista en dúas categorías dos Crime Thriller Awards en Gran Bretaña. Publicada en doce países, a primeira novela protagonizada polo inspector Leo Caldas é un dos libros máis vendidos entre os lectores e lectoras galegos.
Canción de Solveig
A praia dos afogados
El ministro Rubalcaba recomienda ...
Comentarios (4) - Categoría: Club de lectura do 2º ciclo - Publicado o 10-05-2010 13:04
# Ligazón permanente a este artigo
Os Megatoxos
Ala! Imos ler un novo libro; aínda que, polas datas nas que estamos, isto supoña un esforzo. Todo sexa por unha boa causa! Algúns de vós leredes "Os Megatoxos e a espada esmeralda" de Anxo Fariña.

Outros leredes "Os Megatoxos e os templarios da luz" de Anxo Fariña.
Comentarios (3) - Categoría: Club de lectura do primeiro ciclo (2009-2010) - Publicado o 01-05-2010 22:04
# Ligazón permanente a este artigo
Alas de Fuego
Este libro de Laura Gallego seguro que vos enganchou. Xa comentaredes...

Comentarios (0) - Categoría: Club de lectura do primeiro ciclo (2009-2010) - Publicado o 28-03-2010 19:14
# Ligazón permanente a este artigo
O caderno azul


Ánimo rapazas e rapaces! Espero que o libro de
An Alfaya, que estades empezando a ler, chegue a gustarvos tanto como lles gustou aos alumnos do curso pasado.O caderno azul é un bo libro;cheo de:sentimentos, emocións...




Comentarios (9) - Categoría: Club de lectura do primeiro ciclo (2009-2010) - Publicado o 10-03-2010 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
Un grito de amor desde el centro del mundo
Un grito de amor desde el centro del mundo es una intensa y delicada historia de amor, una historia sobre el amor puro, impregnada de delicadeza, sobriedad y ternura. Su éxito ha llegado a la pantalla, con una versión cinematográfica de la obra, una serie televisiva y una versión manga
Sakutarô y Aki se conocen en la escuela de una ciudad provincial de Japón. Él es un adolescente ingenioso y algo sarcástico. Ella es inteligente, hermosa y popular. Pronto se convierten en amigos inseparables, hasta que un día, por primera vez, Sakutarô ve a Aki con otros ojos, y la amistad cómplice se transforma ineludiblemente en una pasión arrebatadora. Ambos viven una historia capaz de trastocar los sentidos y borrar las fronteras entre la vida y la muerte. Una perfecta combinación entre tradición y modernidad.
Un mundo sin ella
Música de la película con subtítulos
Comentarios (1) - Categoría: Club de lectura do 2º ciclo - Publicado o 02-03-2010 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
Curso 2009-2010
De novo este curso iniciamos a andaina dentro do club de lectura do 2º ciclo. A nosa bibliotecaria María non parou ata conseguir un grupiño de alumnos que queren participar no club.
De seguro que ha de ser proveitoso,de seguro que imos pasalo ben, de seguro que imos a coñecer autores e historias que nos farán soñar,ou acercarnos a outras realidades das que non sabíamos nada ou case nada...
Primeira reunión luns, 9 de novembro de 2009.Constitución do club.
Seguinte reunión o vindeiro 23 de novembro :Falaremos das primeiras impresións que produciu o libro (El profesor de música de Yaël Hassan).
Seguinte reunión o día 9 de decembro (mércores)porque o luns é ponte. Traede os libros para levar un novo.
Reunirémonos o día 21 de decembro, procurade non faltar, estamos xa co libro "O único que queda é o amor"de Agustín Fernández Paz.
A vindeira reunión é o día 18 de xaneiro, asistide todos para facer unha posta ó día.
Reunirémonos o día 2 de febreiro na aula de P.T. no segundo recreo. Asistide todos.
A vindeira reunión será o día 22 de febreiro (luns)no segundo recreo. Estamos a comentar o libro "O único que queda é o amor" de Agustin fernández Paz.Animádevos a por os vosos comentarios.Será día de recollida de libros e entrega do novo.
O vindeiro luns,8 de marzo, no segundo recreo haberá reunión do club: temos novo libro , Un grito de amor desde el centro del mundo.
Participamos nas tertulias literarias ourensanas no Liceo de Ourense(14 de abril), co libro "Zara y el librero de Bagdad".Fixemos unha primeira posta en común no instituto o luns día 12 de abril (bocadillo y ccomentarios no patio), comentarios e visionado dos videos na Biblioteca.
O luns día 3 de mio, repartimos un novo título "A praia dos afogados" de Domingo Villar,faremos a primeira reunión para contar as primeiras impresións o día 19 de maio (mércores).
Comentarios (0) - Categoría: Club de lectura do 2º ciclo - Publicado o 12-11-2009 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
El espíritu de Yegof
Juan Farias Huanqui es el autor de este libro. Lo recordareis porque en este curso estuvo en el Instituto y os dedicó una sesión literaria en la que tuvisteiis la oportunidad de crear un personaje fantástico (Gor).
Verano tras verano, Zacarías, el viejo vendedor de helados, impresiona con sus historias de terror a los chicos y chicas del camping. Pero en esta ocasión, Samuel vivirá en primera persona la leyenda del espíritu de Yegof acompañado de Christine, una chica irlandesa con la que comparte una amistad muy especial.
Comentarios (0) - Categoría: club de lectura do 1º ciclo(2008-2009) - Publicado o 11-11-2009 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
A expedición do Pacífico
Marilar Aleixandre usa o galego como lingua literaria e afirma que ten a lingua partida, pero que non todos os bichos con lingua bífida son perversos.
Comentarios (5) - Categoría: Club de lectura do primeiro ciclo (2009-2010) - Publicado o 14-10-2009 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
Todo está nos libros?
Este é o título do artigo do escritor Gustavo Martín Garzo, que publicaba o xornal El País o domingo 7 de xuño. Permitídeme que traduza e extracte algúns parágrafos que me parecen valiosísimos. Hai un xeito máis exquisito de animar á lectura? Xulgade vós:
"Unha entrega encantada", así definiu Ortega o amor. É o que nos pasa cando lemos un libro que nos gusta. Accedemos grazas a el a un lugar novo, un lugar de feitizo que quizais non poidamos abandonar. (...)
Que os libros teñen o poder de nos cambiar, é algo que me parece fóra de toda discusión. Non son obviamente todos, mais hai algúns que teñen ese imcomparable poder. Todo está nos libros? Dalgunha forma sí, porque os libros proceden da vida.(...)
A literatura é como un almacén grande. Gárdanse nel todas as emocións humanas, os nosos soños e as nosas preguntas, e ler é entrar nese celeiro e tomar o que necesitamos. O lector devolve á vida, a través da lectura, o que o escritor tomou dela para escribir os seus libros, de xeito que se pecha o circo.
As bibliotecas son como a cova de Alí Babá, e a historia da literatura é a historia de como se foi formando ese botín inesgotable e secreto. Ler é aprender a pronunciar as palabras que abren as pedras e rescatan ese botín do esquecemento. As palabras da poesía teñen esa marabillosa cualidade e participan á vez do mundo real e do mundo dos soños (...)
Cando vou dar charlas aos institutos sempre lles digo aos rapaces e rapazas que por moito que se empeñen non poden escapar á literatura. Non importa que non lean, que non abran un libro nunca, porque a literatura, a poesía, forma parte deles. Aínda máis, ten que ver coas experiencias máis decisivas das súas propias vidas, con eses momentos de epifanía e gozo que todos arelan ter.
Por exemplo o amor é unha experiencia así. Transcorre nun mundo, é unha experiencia que pertence ó campo do real, pero á vez é unha experiencia poética (...) A única maneira de escapar á literatura, sigo dicíndolles aos xoves interlocutores, é deixar de vivir ou ter unha vida vulgar, cousa que ningún deles obviamente desexa.

Por iso os animo a ler, porque a vida só merece a pena cando está feita da mesma materia coa que se fan os bos libros.
E que nos din eses libros? Algo moi simple: que podemos apreixar cousas dos soños. Coleridge ten un poema no que o poeta soña cun xardín fabuloso onde todo é perfecto. Paseando polos seus carreiros, ve un fermoso rosal e colla distraído unha das súas rosas. Pero algo pasa e atópase, de súpeto, deitado no cuarto inmundo dunha pensión. Comprende decepcionado que ese xardín só existiu na súa fantasía e, cando trata de volver durmir, ve sobre a mesa de noite a rosa que acaba de cortar. Pode que o xardín fose un soño, pero trouxo con el unha flor. É posible isto? A literatura dinos que si. O poema é a proba. (...)
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-06-2009 12:41
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0