|
|
|
O caderno azul |
|
O caderno azul, de An Alfaya, é un libro de ensoños e lembranzas, de páxinas de alegría mesturadas de inquedanzas, tamén de camiños descoñecidos que conducen á esperanza.
 |
|
|
|
Tristes armas |
|
Triste armas (de Marina Mayoral) é a historia de dúas nenas, exiliadas en Rusia, de dous amigos que se atopan en bandos opostos, dunha muller loitadora, dun carteiro namorado... É unha historia de fillos separados dos seus pais, de parellas desfeitas, de homes e mulleres zarandeados e maltratados polos ventos do odio. Pero Tristes armas é sobre todo unha historia de amor.

 |
|
|
|
O home que plantaba árbores |
|
Agora comezaremos coa obra de Jean Giono:"O home que plantaba árbores". Este é un libro que fala da xenerosidade humana sen límites, do respecto á natureza, da aposta pola vida e do amor á terra e a todo o que dela pode agromar.
 |
|
|
|
Do caso que lle aconteceu ao Doutor Alveiros |
|
Espero que vos agradase o conto que lestes ao
comezo deste curso. Era unha adaptación de Eugenia
Muñoz da obra de Vicente Risco:"Do caso que lle
aconteceu ao Doutor Alveiros".
|
|
|
|