A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

SERÁN NO CASTELO DE FONTÁN (1)

Hoxe as 18:00 h. terá lugar o SERÁN NO CASTELO DE FONTÁN.

Con tal motivo, publicamos o seguinte poema de Manuel Lugrís Freire:


Un castelo derrubado
sobre un alto penedal;
casiñas brancas e limpas
acarón da beiramar;
un ribazo outo e frorido
coma se fose un altar
onde se a adora a lindura
de Nai-Terra mariñán.
Unha vila feiticeira
que mesmo nos fai lembrar
das lindas vilas bretonas
do armórico litoral...
¡Vila que arrecende a néveda
entre os recendos do mar!...
¡Es ben bonita e cuquiña,
miña vila de Fontán!
Mariñeiros fontaneses,
moi ben vos conoce o mar
porque sodes vencedores
das furias do vendaval;
os que aló en terras de lonxe
foron á gañar o pan,
deixan sona de barudos
honrando sempre o seu lar.
Dentro da vosa envoltura
de garrido mariñán,
péchase unha alma fidalga
inxerida en lealtá.

Honrados, valentes, fortes,
non tedes na terra igual.
O mais alto honor que eu sinto
é en chamarme voso irmán!
Mariñeiros fontaneses,
nobres fillos de Fontán
mulleriñas fontanesas
as de brandiño falar,
traballadoras e limpas
e de graciós’ acenar.
¡Qué ben fixo Dios en darvos
por patria ese doce chan,
pois donde estades vosoutras
o paradiso ali está!
A mesma reina dos Anxes
a do meiguiño mirar,
cando na parroquia entrades
grande ledicia lle dá,
porque sodes, fontanesas,
mais boas que o mesmo pan.
¡Qué lindas e qué graciosas,
mulleriñas de Fontán!
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 29-09-2012 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal