A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

"RIBAZO DE MORAZÓN", de Manuel Lugrís Freire

Publicamos hoxe este poema do escritor sadense Manuel Lugrís Freire (1863-1940) ao tempo que lembramos que o vindeiro día 29 terá lugar o Serán no Castelo de Fontán, un acto lúdico no que convivirán a gastronomía coa poesía, o teatro e a música para reivindicar a preservación dos valores culturais e medioambientais de Fontán.


Ribazo de Morazón
De penedos medoñentos
De triste recordazón,

Onde a ardentía do mar
Nas noites do triste inverno
Non se cansa de bruar,

Daime o voso fero son
Para espertar os galegos
Que inda teñen corazón.

Comentarios (0) - Categoría: TEXTOS DE LUGRÍS FREIRE - Publicado o 21-09-2012 10:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal