A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

MOSTRAXE DE ALGAS DA SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL EN SADA

O sábado 25 de agosto, a Sociedade Galega de Historia Natural organizou unha xornada de mostraxe de especies de algas na zona da Costa de Oleiros ata Sada. Algúns membros da A. C. Irmáns Suárez Picallo acudimos á cita. Fomos a Arnela e alí estudamos as algas presentes, a súa abundancia e características, para determinar o estado da costa e procurar a súa preservación e respecto.

Desde a Delegación das Mariñas da SGHN traballan para garantir a preservación dos espazos naturais do noso municipio. Hai uns días comezaron unha campaña de recollida de firmas dixital para procurar que As Brañas de Sada fosen incluidas na futura Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, xa que como se pode comprobar no díptico da candidatura, Sada non aporta á Reserva nin un metro cadrado de terreo protexido.

Desde a A. C. Irmáns Suárez Picallo queremos agradecer a inestimable labor que realiza a SGHN, e ofrecerlles a nosa colaboración para aquelo no que poidamos axudar.
Páxina da SGHN, delegación das Mariñas
Díptico da candidatura
Candidatura a Reserva de Biosfera
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 16-09-2012 12:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal