A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

MANIFESTACIÓN CONVOCADA POLA ANPA DO CEIP "SADA Y SUS CONTORNOS"
Reproducimos a seguinte nota de prensa que nos achega a ANPA "As Mariñas" do CEIP "Sada y sus Contornos".


Unha representación da ANPA do CEIP “SADA Y SUS CONTORNOS”, asístíu ao Pleno municipal de hoxe en Sada onde, con estupor e indignación acreditamos a falla de compromiso e responsabilidade do actual goberno municipal ao non considerar urxentes as mocións presentadas sobre a situación da Educación en Sada e a negativa a respostar as preguntas realizadas por voceiros dos grupos da oposición sobre a ampliación do noso colexio.

Por parte da representación da nosa asociación, ao final do Pleno, se lle reclamóu ao señor Anido a resposta pendente ao noso colectivo diante da solicitude de reunión urxente presentada no Rexistro municipal o pasado día 15 que non fói respostada aínda. O Sr. Anido, agora tampouco fói quen de fixar unha data de reunión, xa que “aínda non ten nada que dicirnos”.

Para nós é evidente que unha vez estragada a vía da expropiación por parte deste goberno municipal, deixando caducar o expedente aberto.

Despóis de impedir, por inación, o compromiso da Consellería de Educación da Xunta de provisionar unha partida para financiar o estudo do proxecto da ampliación do noso colexio na proposta de Orzamentos 2012 que acaban de entrar no Parlamento.

Despóis de enganos, dilacións e máis tretas, inconcebibles nun responsable político, seguimos sin saber que pretenden facer coa nosa comunidade escolar os señores Anido e Rodriguez Ares.

Por elo, e dando cumplimento aos acordos da asemblea de nais e pais, temos convocada para mañán, unha MARCHA POLA 1ª PEDRA da ampliación do noso colexio, que sairá do centro a partires das 14:00 horas, onde xunto aos nosos fillos e fillas, mestres e mestras, as nais e pais de
alumnos faremos entrega dun ladrillo dirixido ao goberno bipartito (PP+PDSP), na Casa do Concello, pola súa nula sensibilidade coa
históricamente inxusta situación de infradotación educativa no noso colexio que veñen sonfrindo os alumnos e alumnas do máis antigo e único colexio urbano do concello, o de “Sada y sus Contornos”.


AMPLIACIÓN, XA!
NON MÁIS ENGANOS, “SADA Y SUS CONTORNOS”, SOLUCIÓN!
EDUCACIÓN, SÍ; ESPECULACIÓN, NON!
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 28-10-2011 09:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal