A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

VISITA SADA O PRESIDENTE DA FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS GALEGAS DA REPÚBLICA ARXENTINA
O vindeiro luns, aproveitando a visita que nos fai Diego Martínez, presidente da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina, poderemos escoitalo na capela de San Roque para que nos fale acerca da entidade que preside. Farémolo no marco do 125 aniversario do nacemento de Ramón Suárez Picallo, quen tamén foi un destacado dirixente da Federación durante a súa prolongada estadía en Bos Aires.
Agardámosvos!
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 20-10-2019 01:13
# Ligazón permanente a este artigo
OFRENDA FLORAL A SUÁREZ PICALLO

A A.C. Irmáns Suárez Picallo celebrará este luns día 14 a tradicional ofrenda floral a Ramón Suárez Picallo no cemiterio do Fiunchedo en Sada ás 18.30 horas con motivo do 55 aniversario do seu pasamento acaecido no exilio en Buenos Aires no ano 1964. Desde o 14 de outubro de 2008, as suas cinzas están depositadas no cemiterio de Sada.


No acto lembrarémolo coa lectura dalgúns textos e concluiremos cunha ofrenda floral.


Ao remate entregarase o Caderno de Estudos Xerais nº 16 titulado: Significado de Luis Seoane no contexto da cultura galega do século XX que contén a "laudatio" que o pasado día 1 de abril, no Día das Artes Galegas, pronunciou o académico Xosé Díaz Arias de Castro no Teatro Colón da Coruña.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 13-10-2019 23:05
# Ligazón permanente a este artigo
CAMIÑO MARIÑÁN
Para o vindeiro domingo día 6, Nova Troula e a A. C. Irmáns Suárez Picallo temos unha interesante proposta. Coa compaña das persoas que queirades participar, percorreremos a pé o tramo entre Sada e Betanzos da vella ruta de peregrinación a Compostela que partía de Fontán, onde desembarcaban os peregrinos ata o século XVIII. Seguiremos, na medida do posible, o itinerario orixinal deténdonos en diferentes puntos de interese e realizando unha visita ao mosteiro de Bergondo, onde xantaremos.
Tedes máis información no cartaz.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 29-09-2019 17:31
# Ligazón permanente a este artigo
Asemblea xeral da A. C. Irmáns Suárez Picallo
O xoves día 28 de febreiro terá lugar na Casa da Xuventude de Sada (OMIX) ás 20:00 h. en 1ª convocatoria e as 20:30 en segunda convocatoria, a ASEMBLEA XERAL ORDINARIA coa seguinte


ORDE DO DIA:


- Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea anterior.

- Informe do Presidente das actividades realizadas no ano 2018.

- Informe do Tesoureiro (contas e balance do año 2018).

- Presuposto de ingresos e gastos para o o ano 2019.

- Presentación ás convocatorias de subvencións do Concello e Deputación.

- Publicacións para o 2019 e outros actos e proxectos.

- Avance do contido de AREAL Nº18 que sae en abril.

- Rogos e preguntas.

De seguido, celebrarase Sesión Extraordinaria para por os cargos a disposición da Asemblea, nomear novo Secretario e confirmar -si así se estima procedente- nos seus postos á Directiva actual, ao tempo que se proprorá incluir novos vocais colaboradores na citada Xunta Directiva da A.C. Irmáns Suárez Picallo.



Sada, 12 de febreiro de 2019



O Secretario

Manuel Blanco Dans



Nota: repartirase un novo número de Cadernos de Estudos locais, sobre o antroido.

Asemesmo teremos os números atrasados de todas as publicacións por se algún socio tivera falta dalgunha.


Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 15-02-2019 23:23
# Ligazón permanente a este artigo
PRESENTACIÓN DO Nº17 DE AREAL
O pasado sábado 27 presentamos un novo núnero de Areal, continuando coa conmemoración do X Aniversario da chegada de Suárez Picallo a Sada. A nosa revista medra en persoas colaboradoras, e segue a incorporar xente moza que a renovan e lle dan proxección de futro. Foron, precisamente, quen protagononizaron o acto coas súas intervencións: Miguel Mosquera, Sara Arrojo, Xacobe Anido e Amara Fontão. Grazas a todas e todos os que vos achegastes! Proximamente poderedes ler en formato dixital todas as publicacións da Asociación!
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 29-10-2018 10:39
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación da Revista AREAL nº17
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 26-10-2018 13:16
# Ligazón permanente a este artigo
PRESENTACIÓN DE SERMOS. O DIARIO GALEGO

Este venres vémonos na presentación en Sada de Sermos. O Diario Galego. Será ás 20:30 na Terraza. Agardámosvos!
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 26-06-2018 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
PRESENTACIÓN DUN CADERNO SOBRE FILOMENA DATO
Hoxe, 8 de xuño, na Terraza ás 20.30 terá lugar o acto de presentación do Caderno de Estudos Xerais da autoría de Xesús Torres sobre a poeta Filomena Dato. Falará o autor. Agardámosvos!
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 08-06-2018 09:09
# Ligazón permanente a este artigo
PRESENTACIÓN DE AREAL Nº 16-10 ANOS DA A. C. IRMÁNS SUÁREZ PICALLO
O vindeiro venres 13, ás 20:30 h, terá lugar, na Terraza de Sada, a presentación do nº 16 da nosa revista, Areal. Aproveitaremos a ocasión para celebrar o noso 10º aniversario, contando coa actuación musical de Nova Troula. Agardámosvos!
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 11-04-2018 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
HOMENAXE A FILOMENA DATO NO CEMITERIO DE MORUXO
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 25-02-2018 21:45
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal