Este é un espazo de intercambio
Este é un blog feito para un só fin: Ensino unha proposta creativa, no Netlabel de Plataforma A Regueifa.net que quero compartir convosco, que a leades. Quero que vós me comentedes, e por iso fago este blog
o TEXTO que vos propoño DESCARGAR
"TRILOXIA DAS MINIATURAS", de Juanjo G Rodicio , peza de teatro (30 pxas)
As apostas e propostas sempre dependen se hai máis xente xogando. Vos diredes.
Se cadra chegamos a onde pensabamos, e ainda non estamos.
N´A REGUEIFA, verdadeira plataforma de intercambio creativo neste País, toparedes o texto do que debater (e outras moitas cousas ben interesantes) en Licencia Creative Commons (emprego non tan restrictivo coma o Copyright)
Enviade ideas e opinións sobre o texto a tresminiaturas@gmail.com, e iremos publicándoas, para construir (un mundo mellor... haha) esta obra teatral!
Agora podemos conversar.
|
|

|
| O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| TEATRO POR PARTES |
|
Que diría o descuartizador de Boston...
-Primeiro a idea
-Logo o texto
-Logo o texto definitivo
-Logo a aproximación ás actrices/ores
-Logo a aproximación d+s actorices ao texto e a idea
-Logo o inicio da encarnación do texto e as personaxes
-Logo a concreción
-Logo un pouco de perspectiva
-Logo a presentación
-Logo a Re-representación
|
|
|
|
|
| TEATRO DIN QUE É UN VELEÑO |
|
disque é por cuestión de adrenalina
disque por chegar ao fondo de nós
disque porque podemos botar fora o que somos ou queremos ser
disque por compartir unha "invención" con outras persoas, que che siguen o xogo
disque porque recibes un aplauso que anque sexa inmerecido, verniza o teu ego
disque
|
|
|
|
|
| O TEATRo é UNHA HISTORIA |
|
A diferencia entre unha historia para teatro ou para cine, seica está en que
-No teatro fálase e fálase de relacións, emocións e pensamentos, coma se se narrasen lixeiramente en pasado.
-No cine vense acontecer as cousas en tempo presente.
¿Si? |
|
|
|
|
| Encargo pendente (máis blogs de teatro) |
|
Resulta que a pequena actriz Iria Abelleira, dende o seu blog fíxome chegar un agasallo, como en forma de premio agarimoso.

Logo tiña que seguir o xogo, indicando 7 blogs "Brilantes", porque se cadra os de "Que te pique un polo" son máis desaquelados.
Falarei de xentes do teatro, pois este é un blog de teatro.
Poden ser:
-Como non, a pequena estrela Iria Abelleira
-María Lado, co seu xa de volta Casatlántica
-Rubén Ruibal, con Alicia Crece
-Vicente Montoto, coa súa Autoblografía
-O dun personaxe: Falstaff na brétema
-O de Leo, que fai uns Haiku gloriosos
-... Estou buscando
|
|
|
|
|
| IMOS XUNTARNOS CON OUTR+S |
|
Resulta que hai un tempo, uns amig+s do Centro Xeométrico do País, ou sexa, tirando entre Melide e Agolada, que constrúen cos seus blogs tan chulos unha cultura de País máis completa se cabe...
Convocaron reunión ou concilio, unha XUNTANZA DE BLOGUEIR+S.
Os Amigos dos Pendellos (que son quen está tentando recuperar os Pendellos da Agolada, unhas estructura de feira histórica) van facer o anfitrionádego, e imos coñecer tamén o marabilloso Sobreiral do Arnego.
Por amizade, por curiosidade, por interese, e por que non, alí me vou, a coñecer compas.
Xa vos contarei
(mirade no Blog da Xuntanza, e as derivacións, comentarios, fotos e achuchós)
---------------------------------------------
E XA ESTOU RUMIANDO A RESPOSTA AOS COMENTARIOS DE "R" sobre a Triloxía das Miniaturas, que están na anterior entrada |
|
|
|
|
| IUHU HUI Un comentario!!!! |
|
O artigo: A FORTALEZA DAS PERSONAXES
Recibiu o seguinte comentario (que transcribo íntegramente):
"
Creo que Ana es una mujer que todos podemos reconocer, al margen de que nos identifiquemos o no con ella. Yo la reconozco y no me identifico con ella, pero eso no tiene por qué impedir que la comprenda. Supongo que necesito saber más de esta mujer: ¿trabaja fuera de casa? ¿tiene intereses propios? ¿en qué piensa cuando no piensa en Augusto?...
Por ejemplo, en la escena 5 (pags. 20-22) mantienen un diálogo en el que después de mostrarse Augusto como un individuo egocéntrico, despreciativo y absorto en sí mismo, Ana todavía dice: “Non me importa. Compénsame aínda”. ¿Por qué? ¿qué le está dando él?. Para entenderla debemos ver qué es lo que ella ve en Augusto ¿será sólo el atractivo físico?.
¿Y cómo puede mostrarse como una geisha resignada en esta escena y en la siguiente tener ese maravilloso arrebato de dignidad?: “Se non queres o que che ofrezo e é teu, vaite. Mirareino crecer eu soa. ¿Quién es Ana?. ¿Qué pasa entre la escena 5 y la 6 para que ella levante por fin la cabeza?. Me gustaría escuchar sus reflexiones en voz alta: ¿es el hijo que espera el que la hace cambiar? ¿el convertirse en madre una vez perdida la suya le da valor?.
Así como Augusto pone en boca de sus títeres lo que no se atreve a decirle a su mujer a la cara (es más vehemente y más verdadero que cuando habla por sí mismo) también ella tiene que poder mostrar su frustración ante la madre que la sobrepasa y la pareja que la menosprecia.
En la escena 1 de Monicreques (pag. 14), podrías explicar las circunstancias en que se desarrolla el diálogo porque las frases son como disparos (ahí hay un mosqueo considerable) ¿de qué estaban hablando cuando empezó la conversación?, me resulta artificial que esta mujer diga “¿Vas quererme sempre?”; de ser ingenua a ser tonta perdida todavía hay unos cuantos pasos...
En la escena 3 (pag. 18) la frase entrecomillada “se facemos todo o que nos teñen ordeado... no me gusta, desentona su redacción en medio del parlamento de Jaime.
Y hay un detalle de puesta en escena que no me convence demasiado en la 4 (pag. 20). En ella se disponen a comer en una mesa baja, japonesa y ella se sienta como una geisha: por muy influenciada que esté por su madre y sus bonsáis, no forma parte de nuestra cultura y además es un subrayado innecesario: a estas alturas de la obra queda claro cómo está la autoestima de la protagonista "
(POR FIN, POR FIN, POR FIN, POR FIN, POR FIN)
Contestarei noutra entrada (di o orgulloso autor) |
|
|
|
|
| TEATRO AFECCIONADO (II) |
|
Outra cousa que podería distinguir o Teatro Afeccionado do Profesional sería o da
----------"EXPERIENCIA"----------------------
Podémonos referir a:
1.-Experiencia que teñan quen están enriba da escea.
Que non é distintivo, pois hai persoal "afeccionado" con 30 anos enriba da escea.
Está claro que canto máis se practique o oficio, mellor sae. E claro, con máis medios, pois mellor ainda.
2.-EXPERIENCIA EMOCIONAL como espectadores que somos.
Se cadra as obras de teatro profesional deberían de chegarnos máis, pois máis é o esforzo e o oficio.Pois tampouco.
Cada vez hai máis teatro afeccionado que chega a emocionar (que é do que se trata, o demáis é simple negocio ou relacións laborais), a facer vivir emocións, a manter ao espectador nese estado de liviandade, de comprensión da alma humana, no que chamaríamos experiencia emocional intensa.
Pois eso, que estaría ben que persoas que saben do oficio e da linguaxe do teatro, poideran seguir adicándose a eso durante moito tempo, para que toda a xente disfrutaramos máis.
|
|
|
|
|
| TEATRO AFECCIONADO (I) |
|
Non sei ben observar a diferencia entre o Teatro Afeccionado e o teatro profesional
(HAI QUE TER EN CONTA ASPECTOS ECONÓMICOS ? )
+Se é o de cobrar por actuación
+Se é o de que as actrices e actores poidan adicarse a elo como actividade persoal e profesional (cobran paro, pensión, van ao médico...)
+Se alguén cobra na producción do espectáculo (as costureiras, as carpinteiras, as soldadoras, as da tenda de enfronte, ¿e as directoras?)
+Se é o de estar ao día nos pagos á Seguridade Social, IVE, ... (Se somos Asociación ou Empresa)
+Se é o de ter moitos gastos ou poucos (dependerá da producción e da cantidade de xente, de se teñen local...)
+Se ...
¿É unha cuestión meramente laboral ou económica?
¿Para todas as persoas do grupo?
|
|
|
|
|
| A FORTALEZA DAS PERSONAXES |
|
Onte mesmo recibo apreciacions moi interesantes sobre a peza.
Se nun principio esta claro que a protagonista e unha muller, parece que non cumpre cos "estereotipos de protagonista"
Se cadra o estereotipo de "protagonista" cadra moito co "Ser Masculino": explorar, buscar obxetivos lonxe de si, ser teimudos ata acadalos a si, e loitar contra todo o mundo, morrendo e matando se fose preciso.
En todo caso, na Teoría de Personaxes dise que as personaxes deberían de ter
=Un obxetivo claro a conseguir
=Unha evolución ao longo dos sucesos
=Un conflicto cun/ha antagonista
¿Enton?
¿Está definido o personaxe da Muller nosa obra como: demasiado pasivo. Acontecenlle cousas, que acepta con valentía, pero con demasiada resignación?
¿Non consegue ser heroica?
¿Deberia ter outros empeños?
¿que muller se identificaria con alguen así? |
|
|
|
|
| REVISAR O TEXTO DAS MINIATURAS |
|
Xa andan os paxaros dicindo que temos que "darlle unha volta ao teu texto".
Pero por favor, especificade algo máis.
¿Perfílanse ben os personaxes?
¿Afrouxa especialmente descarado nalgunha das partes?
¿É máis ben na posible posta en escea?
¿Hai frases moi obvias? ¿Ou moi escuras? ¿Ou chorras?
Estou á vosa disposición.
Tamén me din "hai bos xogos", "vexo meterlle música"...
¿Por que non o contades por extenso aqui, nos Comentarios |
|
|
|
|
| TEATRO POPULAR (II) |
|
Resulta que o que facía William Shakespeare era teatro popular, no máis nobre senso do termo.
Shakespeare era empresario do seu teatro, e tiña que gañarse os garabanzos e a cervexa con obras que gostaran aos mercaderes, aos estudantes, aos pequenos oficiais zapateiros, soldados,...
E agora Shakespeare é, obviamente, o mellor escritor da alma humana no teatro da historia.
Se cadra fórona amolando coa mola de amolar a xente que traducía...
Se cadra é un tipo de teatro moi verbal, con continuos xogos de palabras, que agora non se leva, coas tendencias audiovisuais e de teatro xestual...
Vexan vostedes esta obra do Xéspir, a ver que lles parece.
|
|
|
|
|
| O teatro popular (I) |
|
Popular, popular...
O termo popular tén dúas acepcións, se me permiten o chiste:
O que era "popular" na primeira etapa politica de Manuel Fraga xa non o foi despois.
Manuel Fraga deulle un cambio ao concepto popular que xa o quererían os do márketing de G. Bush fillo.
Ata A. P. "Popular" era "o relativo ao pobo común que se quere liberar".
E despois de que M. Fraga Iribarne montase A. P. era "do pobo que non se quere liberar de nada, que nunca houbo queixa..."
Salvando a digresión... ou apoiándonos nela...
O teatro en Galicia (é un dicir) ata os anos do "xiro conceptual fraguiano" era o da Xeración Abrente.
Tódalas compañías que duraron estes 30 anos beben desa fonte.
O dilema era ser popular sen ser populista.
E o reto ser popular sen ser elitista.
A sociedade fartouse de fartarse de crítica estructural e conceptual, que non lle daba solucións e si moita ansiedade.
E a mesma sociedade deixouse adormecer (ou se cadra durmir mellor para vivir cada día) pola Sin crítica do teatro de comedieta (aqui en Galicia, de fora e en Castelán), con música suave e sen cuestionamentos.
Pero hai un termo medio? De que a xente disfrute do teatro, de toda idade e condición, porque tratamos temas humanos, universais e non por iso menos conflictivos?
¿Hai unha xeración nova no teatro popular galego? |
|
|
|
|
| LER TEATRO (II) |
|
As acotacións
Tamén chamadas didascalias.
Tamén chamadas "o dos parénteses"
Neste texto, se cadra, segundo din persoas que o leron e non o queren comentar aqui, hai moitas acotacións escénicas.
É certo, eu dirixo, e eu tentei facer un texto coa idea de poñerse en escea.
Gloriosas as didascalias de Valle Inclán. Excesivas se cadra as de Eugene O`Neill, investigando máis ben o pensamento ou subtexto do personaxe. Nulas en Xéspir, porque eran para facer notar cando entraba simplemente o actor (non deixaban actuar a actrices daquela!) a escea.
¿Son innecesarias as acotacións? ¿Son só para marcar o "tráfico escénico", ou para ilustrar o que non se deu ilustrado co texto?
|
|
|
|
|
| XA TEMOS UNHA APORTACION AO PROXECTO MINIATURAS |
|
Acábame de chegar unha aportación dun deseñador gráfico chamado Rober Araújo.
Unha imaxe para o enlace na web da REGUEIFA.NET, e para a propia portada do texto.
Gústame a idea de encabezar o proxecto co interrogante, os 3 puntos suspensos, o misterio de que será, de continuará, de vaia vostede saber, de ...
Efectivamente. Un texto cunha portada pode gañar en interese. Un enlace dunha web tamén.
Pero ¿non diciamos que un texto é un texto?
Deste xeito imos/ides ir vendo o proceso de EDICION. Escolla de texto, mellora do texto, mellora da presentación, da difusión...
Ainda falta que a xente que non fala (...), a que está en silencio intermitente, dubitativo, stand by... fale
Non creo que ninguén nos escandalicemos a estas alturas da peli... |
|
|
|
|
| LER TEATRO (I) |
|
A xente normalmente non le teatro...
Porque o teatro vaise a ver, a sentir, a escoitar.
Pero ao lelo hai quen non se fai unha idea.
¿E se é teatro como o de Xespir, que é poesía pura?
Gordon Craig dicía que Shakespeare non podía ser teatro (e produciu algúns dos Xespir históricos), porque era demasiado bo simplemente léndoo.
LER TEATRO é participar da representación, igual que ler novela é algo coma montarse a película.
Só que lese a ringleiras, non só en párrafos. E lese case dunha sentada, porque non hai letra.
A Triloxía das Miniaturas, que nos reúne aqui, tén só case 40 páxinas.
Pero ¿lemos teatro mellor os que diriximos ou montamos teatro?
Se cadra o texto teatral require doutras habilidades á parte da mera interpretación textual
¿que dicides? |
|
|
|
|
|
|
|
|
|