Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O suizo Christian Salamin peregrina 5.400 kilómetros dende Noruega a Santiago en bicicleta adaptada.
Catro meses tardou o suizo Christian Salamin para chegar a Santiago dende Noruega. Na súa peregrinación, de 5.400 kilómetros, atravesou sete países. Fixoo na bicicleta adaptada, pois «cando estou na bicicleta non sinto que sexa unha persoa con discapacidade», explicaba tras chegar, ás 13.56 de onte, antes do previsto, ao Obradoiro. Esta foi a súa maneira de sensibilizar sobre o dano cerebral, e o final da súa última etapa coincidiu co día do ictus, unha das causas principais desa gravísima dolencia.
Christian empregou catro meses neste percorrido. Así recaudou fondos para a asociación Fragile Valais, que apoia a persoas con este problema de saúde en Suiza. No Obradoiro animaba a «loitar» para superar os efectos dun ataque cerebral.
A súa xesta foi tan impresionante que, ao chegar a Compostela, respetouno a choiva. No Obradoiro esperabano o alcalde, Sánchez Bugallo, con máis representantes municipais; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o director xeral de Discapacidade da Xunta, Fernando González Abeijón; representantes da Federación Galega de Dano Cerebral, co seu presidente, Luciano Fernández, e ata un grupo de gaitas da Colexiata do Sar, persoas achegadas e patrocinadores.


Carla Mascareñas Miranda 1º Bach-A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-10-2021 22:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0